O fuselo de rabo pinto, mazarico rabipinto ou mazarico rubio (Limosa lapponica) é unha ave limícola.
Descrición Os adultos miden 38 cm, teñen as patas azul grisallas e un moi longo peteiro virado cara a arriba, a cola con bandas delgadas brancas e negras. É un pouco máis pequeno que o fuselo de rabo negro ao que se asemella.
Bioloxía Fan o seu niño no chan, poñen de 2 a 4 ovos incubándoos 21 días, é o macho o que permanece máis tempo chocándoos.
Distribución O seu hábitat habitual é a tundra aberta, en zonas encharcadas e marismas próximas a bosques do Ártico (incluída Islandia) e Alasca. Migran no inverno cara Europa occidental, África, sur de Asia, Australia e Nova Zelandia, ocasionalmente tamén aparecen nas costas occidentais de América do Norte.
En Galicia é unha ave de paso entre os meses de agosto a outubro, algunhas quedan na Illa de Ons.
Notas
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1758