Ardenas (en francés: Ardennes) (08) é un departamento francés situado na rexión de Alsacia-Champaña-Ardenas-Lorena.

Xeografía Limita ao norte con Bélxica, ao leste co departamento da Mosa, ao sur co do Marne, e ao oeste co departamento do Aisne. Punto máis alto: La Croix-Scaille (501m). Punto máis baixo: saída do río Aisne en Brienne-sur-Aisne (57m). Ríos principais: río Mosa, río Aisne, río Chiers.

Demografía

As principais cidades do departamento son (datos do censo de 1999): Charleville-Mézières : 55.490 habitantes, 65.727 na aglomeración. Sedan : 20.548 habitantes, 27.954 na aglomeración.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Prefectura Conseil général

Categoría:Departamentos do Gran Leste