miniatura|Arandos. O arando ou uva de monteE. Losada, J. Castro e E. Niño, danlle o nome vulgar de uva do monte na súa obra Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, 1992, Xunta de Galicia é o froito das arandeiras, plantas do xénero Vaccinium. É unha baga pequena de cor negra azulada ou vermella nalgunhas especies (arando vermello). Tradicionalmente non foi un froito cultivado comercialmente a grande escala, adoitaba apañarse das arandeiras bravas para ser consumido en fresco ou ben para confeitaría, para preparar zumes, marmeladas ou dar cor aos viños, sobre todo en Escandinavia e Polonia. Hoxe en día o seu consumo está a medrar polo que van sendo comúns as plantacións profesionais de arandeiras. Ás veces recibe o nome culto de mirtilo.
Utilízase tamén como planta medicinal, de maneira que o arando conservado en augardente emprégase para aliviar as dores de estómago.
En Galiza consumíase no pasado especialmente nas montañas de Lugo e Ourense, onde medran as arandeiras da especie Vaccinium myrtillushttp://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=Arando&tipo_busca=lema. Hoxe en día comeza a se popularizar o seu consumo coma froito do bosque polo seu sabor e as súas propiedades saudábeis.
O arando na cultura popular galega As arandeiras abundan nas provincias de Lugo e Ourense. Os primeiros dicionarios etnográficos de galegos falan delas, e do costume dos aldeáns de comer as bagas. Martín Sarmiento escribía: É unha planta fortiña que medra un pé e ten as follas recortadas e da figura da folla do buxo. No remate bota uns baguiños negros que comen os rapaces pastores etc. Na mariña non hai esa planta. A uva de oso ('gayuba'- "Arctostaphylos uva-ursi"); ou vén ser unha planta rastreira, como especie de arando, mais que ten os bagos encarnados e as follas máis grandes e semellantes ás do érbedo. É evidente que no Seixo hai arandos e para min é certo que onde hai arandos hai uvas de oso, polo común.Tradución do texto do castelán ao galego, de Martín Sarmiento (1695-1772): Epistolario do P. Sarmiento, ed. de Xosé Filgueira Valverde e María Xesús Fortes Alén, Consello da Cultura Galega, Santiago, 1945.
Ditos Non vale un arando, din por Vilalba e Mondoñedo cando algo ten pouco valor.Eugenio Reguera y Pardiñas (1840-1858): Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano, ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995) Si, ho, vouche dar arandos da Serra Seca!, din na Gudiña, cando un neno colle unha perrencha por algo imposíbel.Eligio Rivas Quintas (2001): Frampas, contribución al diccionario gallego a través de Dicionario de Dicionarios da Universidade de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arandeira (europea) Arandeira americana Arandeira vermella
Categoría:Froitas Categoría:Froitos do bosque Categoría:Bagas Categoría:Flora de América do Norte