O iagnobiano (pode aparecer escrito tamén coa forma persa iaghnobí) é unha lingua irania oriental setentrional moderna falada no val do río Iagnob na zona de Zarafxán no Tadjiikistán. Considérase descendente directo da lingua sogdiana xa que é un dialecto deste, coma así o testemuñan os seus estudos, e a súa literatura foi chamada con frecuencia "Neo-sogdiano". É unha lingua de uso familiar na comunicación diaria. A lingua foi descuberta no século XIX e falábase na parte central do remoto alto val do río Iagnob. As evidencias toponímicas suxiren que tamén no pasado, o iagnobí e outros dialectos sogdianos foron falados nos vales veciños. Hoxe conta cuns 1500 e 2500 falantes divididos entre numerosas comunidades.http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=yai. Fontes do Summer Institute of Languages, (estes datos son bastante vellos, xa que datan de 1975.)

É unha lingua en perigo de desaparición, e de feito está recollida no Libro Vermello das Linguas Ameazadas publicado pola UNESCO (Red Book of Endangered Languages, en inglés. E trala Guerra Civil dos anos 90, pedíuselle a Academia Taxica das Ciencias que preservase a lingua iagnobiana, e apoiase e difundise na escola o seu uso, reabríndose as escolas iagnobianas de anos anteriores.

O nome Iagnobiano, adxectivo relativo ao pobo que habita arredor do Val do Iagnob ao longo do río do mesmo nome. En iagnobiano яғноб IPA /ˈjaʁnɔːb/, e яғнобӣ IPA /jaʁnɔːˈbi/, (transliteración da Academia das Ciencias de Tadjiikistán Jaghnob e jaghnobī). De acordo con Khromov (1987, p. 644), é unha adaptación taxica do iagnobiano ix-i "val/barranco de xeo". A interpretación máis tradicional é "río de xeo" (Benveniste, 1955, p. 139, anotación 1; Andreev e Peshchereva, 1957, p. 365). En taxico xeo = ях, curso de auga no bosque = нова ou curso de augas pluviais = новдон (a terminación desta palabra, дон quere dicir río).

En inglés escríbese yaghnobi, en francés yagnobi, en castelán yagnobí, en alemán jaghnobi ou jagnobisch, en ruso yagnobskii, en oseto yaghnobag, sueco yagnobi/yaghnobi ou yagnobiska etc.

Pódese aceptar tamén iagnobés.

Escritura

O Iagnobiano era unha lingua sen escritura ata o ano 1990 e 1992 The Cyrillic Tajik alphabet-based writing were invented by Sayfiddīn Mīrzozoda in 1990s.Ягнобцы - Форум «Центральноазиатского исторического сервера» , pero segundo algúns etnógrafos os iagnobianos usaban unha variante modificada do alfabeto arábigo, sobre todo para evitaren represalias das autoridades taxicas.Enciclopedia Iránica."Yaghnobí". Hoxe en día a lingua transcríbese polos eruditos usando unha modificación do alfabeto latino, cos seguintes símbolos:

a (á), ā (ā́), b, č, d, e (é), f, g, γ, h, ẖ, i (í), ī (ī́), ǰ, k, q, l, m (m̃), n (ñ), o (ó), p, r, s, š, t, u (ú), ū (ū́), ʏ (ʏ́), v, w (u̯), x, x°, y, z, ž, ع

Recentemente Sayfiddīn Mīrzozoda da Academia das Ciencias Taxicas creou unha modificación do alfabeto taxico para a escritura iagnobiana. Este alfabeto non é moi adecuado para o iagnobiano, por exemplo, non distingue entre vogais curtas e longas, non fai diferenciación entre v/w ou non marca a acentuación etc. A continuación amosamos o alfabeto iagnobiano seguido das equivalencias latino-fonéticas entre paréntese:

А а (a)З з (z)О о (o)Хв хв (x°)Б б (b)И и (i, ī)П п (p)Ҳ ҳ (h, ẖ)В в (v, w)Ӣ ӣ (i, ī)Р р (r)Ч ч (č)Г г (g)й (j)С с (s)Ҷ ҷ (ǰ)Ғ ғ (γ)К к (k)Т т (t)Ш ш (š)Д д (d)Қ қ (q)У у (u, ū, ʏ)Ю ю (ju, jū, jʏ)Е е (e)Л л (l)Ӯ ӯ (u, ū, ʏ)Я я (ja)Ё ё (jo)М м (m)Ф ф (f)’ (ع)Ж ж (ž)Н н (n)Х х (x)

Notas ao alfabeto cirílico:

1) A letra й non ten maiúscula xa que nunca aparece a comezo de palabra. As palabras que comezan con ia-, io- e iu-/iū-/iʏ- escríbense coma я-, ё- e ю-; da mesma maneira para estas combinacións cando están no medio da palabra, p.ex. viióra é виёра [vɪ̆ˈjɔ:ra].

2) Para facer unha distinción fonética da lonxitude vogal, úsanse as letras ӣ e ӯ, p. ex.: иранка e ӣранка тир (imos!) e тйр (frecha) рупак e рӯпак ухта (baixou) e ӯхта (trouxo)

Só se dan entre и e й e у e у¨.

O status fonético da letra ӣ non está moi claro, pode que sexa usado como unha marca de acento coma en taxico. A letra ӯ pódese tamén usarse en empréstitos do taxico para indicar vogal taxica /ů/ [ɵː], pero pode ter algún outro uso que aínda non se coñece.

3) En comparación co taxico, o iagnobiano non usa as letras ъ e Э э - no lugar da letra taxica ъ úsase a iagnobiana ’ e o е iagnobiano serve para ámbalas letras taxicas е e э para o valor /e/.

4) As combinacións de letras /ie/ e /ii/ escríbense coma йе e йи, pero estas combinacións raramente aparecen en iagnobiano (principalmente o йе é moi raro). As letras iagnobianos е e и nunca teñen o valor /ie/, /ii/ coma o poden ter en taxico.

5) As letras rusas Ц ц, Щ щ, Ы ы e Ь ь, que poden usarse en taxico para empréstitos do ruso non se usan en iagnobiano - as palabras rusas escríbense como se pronuncian polos iagnobiano-falantes e non coma son escritas orixinariamente en ruso,p.ex.: AVIÓN é самолет/самолёт en ruso, escrito самолёт en taxico e pronunciado /səmʌˈʎot/ en ruso e igualmente en taxico, en iagnobiano escríbese самалиёт de acordo coa pronunciación iagnobiana /samalɪˈjo:tʰ/ ou /samajlˈo:tʰ/; a palabra CONCERTO é un empréstito do ruso e escríbese en ruso концерт /kʌnˈʦe̠rt/, e pasa ao iagnobiano coma кансерт /kʰanˈse:rtʰ/.

A Fonética O sistema fonético iagnobiano inclúe 9 vogais - 3 curtas, 6 longas - e 27 consoantes.

Vogais

CURTAS: i [i-ɪ-e], a [a(-æ)], u [(y-)u-ʊ-o] (tódalas vogais curtas deben reducirse ata aproximadamente un [ə] en posicións pretónicas)

LONGAS: ī [i:], e [ɛ:(-e:)], ā [a:], o [(ɒ:-)ɔ:(-o:-u:)], ū [u:], ʏ [(u:-)y:(-i:)]

DITONGOS: ai [ai̯] (ai en palabras nativas aparece soamente nos dialectos occidentais, no orientais cambia a e, ai pode aparecer nos dialectos orientais pero cunha etimoloxía diferente), oi [ɔ:i̯], ui [ʊi̯], ūi [u:i̯], ʏi [y:i̯], ii [ɪi̯]; ou [ɔ:u̯], au [au̯]

posterior aproximante posterior media aproximante anterior anterior pechada 300px •   • u:

• 

 •   •   • 

 • 

 •   • </div> semipechada media pechada media media aberta semiaberta aberta

Notas:

1) Nótese que as vogais longas e, o e ʏ son escritas sen o sinal de longura.

2) Coñécese un ā longo, pero aparece soamente coma resultado dun alongamento secundario (p.ex. ǰām < ǰaعm < ǰamع).

3) En préstamos recentes do taxico ů e/ou uzbeko tamén pode aparecer oʻ [ɵ:], pero a súa pronunciación normalmente acaba fusionándose cun ū)

4) A vogal ʏ é só recoñecida por algunhas autoridades. Parece ser que é un alófono de ū. A orixe de ʏ vén do *ū tónico histórico, pero o *ō histórico, cambiou a ū en iagnobiano, permanecendo sen cambio. Parece que os status do ʏ é inestable e non se recolle en tódalas variedades do iagnobiano, mentres ʏ convértese amiúdo en ū, ūy/ūy, uy/uy ou ʏ. Resumindo: *ū (baixo acento) > ū/ūy/uy/ʏ ou ū, *ō > ū (f.ex. vʏz/vūz, goat; taxico buz, Avesta buza-). Para algúns autores ʏ pode transcribirse coma ü.

Polo xeral, existe bastante variación na realización das vogais. A lonxitude vocálica, por exemplo, é inconsecuente; o e ū varían baixo a influencia do taxico (kom fronte a kūm “quen”); e ü é substituída por ī nas xeracións máis xoves (xür > xīr "sol"; existe unha forma aínda máis conservadora xūr).V. S. Sokolova, Yagnobskij jazyk ("Lingua iagnobiana"), en V. S. Sokolova, Ocherki po fonetike iranskikh jazykov ("Esbozos do sistema fonético das linguas iranias"), Moscova e San Petersbugo, 1953, p. 63.

5) A vogal o pode cambiar a ū ante unha nasal (cf. Toǰīkistón × Toǰīkistū́n).

Consoantes

Oclusivas: , , , , , , ( e pode ser palatalizada a e respectivamente ante vogal posterior ou vogal posterior en final de palabra)

Fricativas: , , , , <š>, <ž>, <x>, <γ>, χʷ <x°>, , <ẖ>, <ع>

Africadas: <č>, <ǰ>

Nasais: , (tamén e poden darse coma alófonos de m e/ou n ante k/g ou f/v)

Vibrante múltiple:

Lateral:

Aproximantes: <w>, <y>

Lugar de articulación → Bilabial Labio-dental Alveolar Post-alveolarou Palatal Ve­lar uvu­lar Fa­rínxeaGlotal Forma de articulación ↓ Nasal               Oclusiva       Africada Fricativa Aprox­imante         Vibrante     Lateral Aprox­imante      

Tódalas coasoantes sonoras pronúncianse xordas ao final de palabra, na fala cando despois dunha consoante xorda ven unha sonora, por asimilación a xorda pasa a sonora.

Nota: Os sons b, g, h, ẖ, ǰ, q, l e ع aparecen maioritariamente en préstamos, palabras autóctonas con estes sons son raras, principalmente onomatopeica.

Gramática Nota: na seguinte sección os símbolos W, E e Tr. refírense ao dialecto occidental, oriental e de transición.

Nomes As terminacións dos casos: Caso Se a raíz remata en consoante Se a raíz remata en vogal que non sexa -a se a raíz remata en -a Sg. directo (Nominativo) - - -a Sg. oblicuo -i -y -ay (W), -e (E) Pl. directo (Nominativo) -t -t -ot Pl. oblicuo -ti -ti -oti

Exemplos: kat : obl.sg. káti, pl. katt, obl.pl. kátti mayn (W) / men (E) : obl.sg. máyni/méni, pl. maynt/ment, obl.pl. máynti/ménti póda : obl.sg. póday/póde, pl. pódot, obl.pl. pódoti čalló : obl.sg. čallóy, pl. čallót, obl.pl. čallóti zindagī́ : obl.sg. zindagī́y, pl. zindagī́t, obl.pl. zindagī́ti mórti : obl.sg. mórtiy, pl. mórtit, obl.pl. mórtiti

Tamén a construción ezafé (izofat) é usada en iagnobiano, aparecen en frases e construcións adaptadas do taxico, ou con palabras de orixe taxica.

Pronomes Pronomes persoais Formas dos pronomes persoais:

Persoa Singular Plural 1ª man mox 2ª tu šumóx 3ª ax, iš áxtit, íštit

A 2ª peros do plural, šumóx tamén se usa para a forma de cortesía da 2ªpersoa.

O caso oblicuo Formas do casp oblicuo:

Persoa Singular Plural 1ª man mox 2ª taw šumóx 3ª áwi, it áwtiti, ítiti

O pronomne persoal, forma enclítica As formas enclíticas do pronome persoal:

Persoa Singular Plural 1ª -(i)m -(i)mox 2ª -(i)t -šint 3ª -(i)š -šint

Verbos Terminacións de persoa - presente:

Persoa Singular Plural 1ª -omišt -imišt 2ª -išt -tišt (W, Tr.), -sišt (E) 3ª -tišt (W), -či (E, Tr.) -ošt

Terminacións de persoa - pretérito (con aumento a-):

Persoa Singular Plural 1ª a- -im a- -om (W), a- -im (E, Tr.) 2ª a- -i a- -ti (W, Tr.), a- -si (E) 3ª a- - a- -or

Engadindo a terminación -išt ao pretérito fórmase un pretérito durativo.

O Participio: o participio presente fórmase engadindo -na á raíz verbal. O participio pasado (ou participio perfecto) fórmase engadindo a terminación -ta á raíz do verbo.

O Infinitivo fórmase engadindo a terminación -ak á raíz do verbo.

A Negación fórmase co prefixo na-, combinándoo co aumento en pretérito cambia a ni-.

A Cópula - Presente:

Persoa Singular Plural 1ª īm om 2ª išt ot (W, Tr.), os (E) 3ª ast, -x, xast, ásti, xásti or

Léxico

O coñecemento do léxico actual iagnobiano provén de tres traballos principais - dun Dicionario iagnobino-ruso con textos iagnobianos por Andrejev e Peščereva e por lista vocabularia escrita por Xromov en Gramática iagnobiana. O último traballo é un Dicionario Iagnobiano-Taxico recopilado por un estudante de Xromov Sayfiddīn Mīrzozoda. Polo que hoxe sabemos que en iagnobiano as palabras de orixe taxico representan a maioría do léxico (máis ou menos 60%), despois están as palabras de orixe túrquica (por enriba do 5%, principalmente do uzbeko) e unhas poucas palabras do ruso (aprox. 2%; recordemos que a través do ruso tamén chegan moitas de uso internacional ao iagnobino). Así pois só un terzo do léxico é de orixe iranio oriental, estas palabras poden ser facilmente comparadas coas que coñecemos do sogdiano, iriano (oseto), linguas do Pamir ou paxto.

Texto Exemplo

"Fálγar-at Yáγnob asosí láf-šin ī-x gumū́n, néki áxtit toǰīkī́-pi wóvošt, mox yaγnobī́-pi. 'Mʏ́štif' wóvomišt, áxtit 'Muždív' wóvošt." []

"En Falgar e en Iagnob existe certamente unha lingua básica, pero eles falan taxico e nós falamos iagnobiano. Nós dicimos 'Müštif', eles din 'Muždiv'."