Santa María de Ferreira de Pantón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 609 habitantes (299 homes e 310 mulleres), un máis ca en 2011. A parroquia ten 17 lugares.
Historia A igrexa parroquial rematouse de construír en 1796. Anteriormente a igrexa atopábase nun prado preto da aldea do Basillao, e a parroquia chamábase Santa María de Basillao:
Xeografía Limita coas parroquias pantonesas de Castillón e Moreda polo norte; Pantón polo leste; Siós, Deade e Següín polo sur e Eiré polo leste.
Patrimonio Na parroquia están situados o mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, o castro de Ferreira e o castelo de Maside.
No lugar de Goián atópase un pazo que pertenceu ao duque de Sagro. O templo parroquial é do século XVIII, decorado con retablos do século XIX. A Casa Consistorial é un edificio señorial de pedra de cantería, do século XVII. Outros edificios notables a destacar son: a Casa da Fonte, Casa de Mazás e a Torre do Mouro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Ferreira de Pantón
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pantón Ligazóns externas Vídeo sobre arte románica en Ferreira de Pantón
Categoría:Parroquias de Pantón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María