San Xoán de Toldaos é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 61 habitantes (27 homes e 34 mulleres), a mesma cantidade ca en 2006.

Toponimia O topónimo Toldaos ten a súa orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Toledo.Villares, R. (2004). Historia de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, p. 86.

Xeografía Limita coas parroquias pantonesas de Moreda polo norte; Mañente polo sur e Pantón polo oeste. Tamén limita coa parroquia de Monforte de Lemos da Vide polo leste. Cultura

A asociación cultural da parroquia organiza, entre outros eventos, o baile do domingo de Entroido, o festival O Son da Aldea (en 2025 foia cuarta edición) e unha pasaxe do terror na noite de ánimas.

Galería

Lugares e parroquias Lugares de Toldaos

Parroquias de Pantón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pantón

Categoría:Parroquias de Pantón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía