Rexión e Pobos Solidarios (R&PS) é unha federación de partidos políticos autonomistas, nacionalistas ou independentistas do estado francés. Reivindicacións miniatura|Gustave Alirol, (RPS-POC), presidente da federación. No seu congreso celebrado en Brinhogan (Bretaña) o 25 de agosto de 2005 adoptaron as seguintes proposicións:

Ratificación por parte do estado francés da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, modificación do artigo segundo da constitución francesa e oficialización de tódalas linguas faladas en Francia. Creación de rexións cun estatuto específico en Savoia, Iparralde e Cataluña Norte, creación dun ámbito administrativo na Bretaña incluíndo o departamento do Loira Atlántico e a creación dunha inter-rexión occitana. Estabelecemento dunha república federal en Francia. Regulamento político e mesa para tratar as reivindicacións autonomistas. Agrupamento dos presos corsos, vascos, bretóns e occitanos.

Membros : Partit Occitan. Iparralde: Partido Nacionalista Vasco, Eusko Alkartasuna e Abertzaleen Batasuna (como observador). Cataluña Norte: Convergència Democràtica de Catalunya e Esquerra Republicana de Catalunya. : Unión Democrática Bretoa e Frankiz Breizh. : Movemento Rexión de Savoia. : Partido da Nación Corsa.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Partidos políticos de Francia Categoría:Nacionalismo