Pavo ou Pavón é unha constelación do Hemisferio sur. A constelación foi unha das doce constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e apareceu por primeira vez no libro Uranometria de Johann Bayer do 1603.

Estrelas Estrelas principais α Pavonis (Peacock), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,94, é unha estrela binaria espectroscópica de cor azul a 183 anos luz de distancia. γ Pavonis, anana amarela de magnitude 4,21 a 30 anos luz da Terra. Algo máis quente e significativamente máis antiga co Sol, é un dos obxectivos prioritarios dentro da procura de planetas terrestres. δ Pavonis, de magnitude 3,55, estrela amarela da secuencia principal ou subxigante a só 20 anos luz de distancia. κ Pavonis, estrela variable W Virginis, cun brillo que varía entre magnitudes de 3,91 e 4,78. φ Pavonis, denominación que atinxe a dúas estrelas distintas: φ1 Pavonis, estrela de magnitude 4,8, e φ² Pavonis, anana amarela cun planeta no confirmado orbitando ó seu redor. HD 181433, anana laranxa onde foron atopados un planeta extrasolar do tipo "Super-Terra" e un planeta do tipo xigante gasoso. SCR 1845-6357, sistema formado por unha anana vermella e unha anana marrón a 12,57 anos luz de distancia da Terra.

Outras estrelas con Designación de Bayer β Pav 3.42; ε Pav 3.97; ζ Pav 4.01; θ Pav 5.71; η Pav 3.61; ι Pav 5.47; λ Pav 4.22; μ1 Pav 5.75; μ2 Pav 5.32; ν Pav 4.63; ξ Pav 4.35; ο Pav 5.06; π Pav 4.33; ρ Pav 4.86; σ Pav 5.41; τ Pav 6.25; υ Pav 5.14; ω Pav 5.14

Obxectos Notables do espazo profundo NGC 6752, espectacular cúmulo globular a 13.000 anos luz, o terceiro cúmulo globular máis grande en tamaño aparente. NGC 6744, semellante á Vía Láctea, é unha das galaxias espirais máis grandes observadas. Está situada 3º o sueste de λ Pavonis. NGC 6782, galaxia espiral barrada.

Historia 300px|miniatura|Constelacións de Ara, Altar e Pavo, o Pavo Real.

Dado que foi creada no século XVII e non foi visible para culturas mediterráneas, non hai mitoloxía asociada a esta constelación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Star Tales – Pavo

Categoría:Constelacións