Na mitoloxía grega Caos é a personificación do baleiro primordial anterior á creación do cosmos, anterior á existencia dos distintos elementos que conforman o Mundo. Sería o estado primixenio do cosmos, e anterior ó resto das forzas elementais, os deuses e os homes. No século V a. C. identificouse co aire, o espazo ou o baleiro que rodea a Terra. Máis tarde, Ovidio describiuno como un estado de desorde e confusión absoluta; Hesíodo non o describe e unicamente o menciona.
En grego a palabra Caos non ten xénero, aínda que, nalgunhas representacións clásicas, dáselle forma de muller.
Xenealoxía Caos procreou a Érebo (as Tebras) e Nicte (a Noite), e posteriormente a Hémera (o Día) e Éter, que Hesíodo considera fillos de Nicte. Da separación destas tres divindades entre si xurdirán Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).
Outras tradicións consideran a Caos como fillo de Crono (o Tempo) e irmán de Éter Grimal. Engade que "Por un xogo de palabras, considerouse ás veces a Crono como o Tempo personificado (Grimal, s. v. Crono, que é como denomina ó titán Cronos)..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s.v. Caos.
HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA. OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Outros artigos Teoría do caos. Efecto bolboreta.
Ligazóns externas Chaos, en Greek Mithology Link] Chaos, en Theoi.com
Categoría:Deuses gregos