Axel Hugo Theodor Theorell, nado en 1903 e finado en 1982, foi un científico sueco, gañador do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina o 1955.
Traxectoria Nado en Linköping, estudou na Katedralskolan da súa cidade. En 1921 iniciou os estudos de medicina que rematou en 1924. Despois estudou bacterioloxía durante 3 anos no Instituto Pasteur en París baixo a dirección do Profesor Albert Calmette. En 1930 concluíu o seu doutoramento.
A súa carreira científica centrouse principalmente no estudo das enzimas. En 1955 recibiu o Premio Nobel pola descuberta do enzima de oxidación e dos seus efectos.
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados no condado de Östergötland Categoría:Premios Nobel de Suecia