José Vital Branco Malhoa, máis coñecido coma José Malhoa, nado en Caldas da Rainha o 28 de abril de 1855 e finado en Figueiró dos Vinhos o 26 de outubro de 1933, foi un pintor e profesor portugués.
Traxectoria Con 12 anos entrou na escola de Belas Artes, onde destacaría polas súas enormes facultades e calidades artísticas.
Realizou numerosas exposicións, tanto en Portugal como no estranxeiro, principalmente nas cidades de Madrid, París e Río de Xaneiro. Foi pioneiro do naturalismo en Portugal, tendo integrado o Grupo do Leão. Destacou tamén por ser un dos pintores portugueses que máis se aproximou á corrente artística impresionista.
Foi o primeiro presidente da Sociedade Nacional de Belas Artes e foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de Santiago. En 1933, ano da súa morte, foi creado o Museo de José Malhoa en Caldas da Rainha. miniatura|O Fado, 1910. Algunhas obras O Ateliê do Artista (1893/4) Os Bêbados (1907) O Fado (1910) Praia das Maçãs(1918) Clara (1918) Outono (1919)
Biliografia Henriques, P.: José Malhoa; INAPA, Lisboa, 1996. ISBN 972-9019-87-8
Véxase tamén Outros artigos Museo de José Malhoa
Ligazóns externas Ficha en www.pintoresportugueses.blogs.sapo.pt. Artigo en www.oesteonline.pt . Ficha en www1.ci.uc.pt . Biografía en www.parlamento.pt . Ficha en www.pitoresco.com.br . Biografía en www.artlink.pt .
Categoría:Pintores de Portugal Categoría:Nados en 1855 Categoría:Nados no distrito de Leiria Categoría:Finados en 1933