Johan Vasquiz de Talaveira foi un trobador castelán do século XIII.
Traxectoria Aínda que estudosos como Ramón Menéndez Pidal e Carolina Michaëlis propuñan a súa orixe galega, estudosos como Tavani e António Resende de Oliveira sosteñen que o máis probable é que sexa de Talavera de la Reina, de aí o sobrenome de Talaveira, puido pertencer a unha familia da pequena nobreza. Estivo activo na corte de Afonso X e na de Sancho IV.
Obra Consérvanse 19 obras, ademais dunha cantiga de amigo de dubidosa autoría. Divídense en: sete cantigas de amigo, cinco cantigas de escarnio e maldicir, catro cantigas de amor e tres tenzóns con Pedro Amigo de Sevilha, Johan Airas e Lourenço.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Trobadores en galego-portugués