Pero Goterrez foi un trobador leonés do século XIII.
Traxectoria Pola súa obra, sábese que era cabaleiro. Estudosos como Carolina Michaëlis sosteñen que foi un trobador portugués activo na corte de Afonso III, con todo, estudos recentes identifícano con Pedro Gutiérrez un nobre que tivo os cargos de meiriño maior e tenente das torres da cidade de León.
Obra É autor de dous textos: unha cantiga de amor e unha cantiga de escarnio e maldicir.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Nados en ano descoñecido