Fernán Páez de Talamancos ou Fernan Paez de Talamancos (tamén, Fernando Páez de Tamallancos e Fernan Pais de Tamalhancos) foi un trobador galego dos séculos XII e XIII.

Traxectoria Nobre de Tamallancos, era señor da casa e castelo de Vilamarín, que lle doara o rei Afonso VII e lle confirmara Fernando III. Foi alférez de Afonso IX e posteriormente tenente no antigo distrito de Búbal e no Castelo de Alba. Tivo posesións no Morrazo, en zonas do Miño ourensán, así como en zonas de León. Estivo casado dúas veces, a segunda con Teresa López de Ulloa, pertencente á familia dos Limia-Traba. Tivo catro fillos (dúas mulleres do primeiro matrimonio e dous homes do segundo)

Obra Consérvanse oito obras, dúas das cales son cantigas de amor, catro de escarnio e maldicir. As outras dúas cantigas, coñecidas como «Com vossa graça, mia senhor» e «Nom sei doa que podesse», son de difícil catalogación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en Vilamarín Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes