San Martiño de Ombreiro é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 144 habitantes, deles 74 eran homes e 70 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. Patrimonio
Amais da igrexa parroquialIgrexa en TurGalicia. na parroquia están os restos da torre de Riazón,Torre en TurGalicia. declarada Ben de Interese Cultural (con id. RI-51-0008908) o 17 de outubro do ano 1994, e a capela de San Roque.Capela en TurGalicia. Na Casa de Parada ou Casa de Gonday estaba establecida a familia de Gómez Núñez de Gaioso Prado, e en 1817 Fernando VII concedeulle ao seu descendente José María de Prado y Neira o marquesado de Ombreiro.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Ombreiro
Parroquias de Lugo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lugo
Categoría:Parroquias de Lugo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño