Val Logsdon Fitch, nado en Merrimen, Nebraska, o 10 de marzo de 1923 e finado en Princeton, Nova Jersey o 5 de febreiro de 2015, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1980.

Traxectoria Estudou enxeñaría na Universidade McGill, onde se licenciou en 1948. En 1954 doutorouse en física na Universidade de Columbia.

Investigacións científicas Durante a segunda guerra mundial participou no Proxecto Manhattan de Los Álamos.

Xunto a James Cronin realizou diversos experimentos acerca das reaccións subatómicas, observando como estas a miúdo non cumpren os principios fundamentais da simetría. Coa observación en 1964 da análise das partículas kaóns viron como as reaccións feitas en sentido inverso non seguían a mesma traxectoria que a reacción orixinal, o que mostrou que as interaccións das partículas subatómicas non son independentes do tempo. Esta formulación recibiu o nome de violación CP.

En 1980, xunto con Cronin, foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos acerca da violación dos principios da simetría na partícula kaón.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física de 1980

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Fitch, Val Logsdon Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade McGill Categoría:Alumnos da Universidade Columbia