Manuel Castro Rodríguez, nado no Castro de Caldelas en 1906 e fusilado en Alcalá de Henares o 21 de febreiro 1946, foi un militar galego.

Traxectoria Membro do Partido Comunista de España, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi comisario político do V Rexemento do Exército Republicano. Estivo ao mando da 19ª Brigada Mixta19ª Brigada Mixta e da 48ª Brigada Mixta.48ª Brigada Mixta Foille concedida a Medalla ao Valor do Exército da República o 1 de outubro de 1938.Medalla del Valor del Ejército de la República Foi tenente coronel no Exército español. Logo do remate da guerra civil exiliouse en Francia e entrou na resistencia contra os alemáns e o réxime de Vichy, acadando o grao de tenente xeneral, mandou o batallón de Tarbes e a 26ª Agrupación Guerrilleira.

En 1944 o PCE enviouno a Galicia para organizar os grupos guerrilleiros antifranquistas do país. En outubro de 1944 presidiu a xuntanza de Abegondo á que acudiron Manuel Ponte, José Remuiñán Barreiro, Francisco Rey Balbís, Chema Urquiola, Adolfo Allegue Allegue, Juan Pérez Dopico e outros responsábeis das guerrillas, e na que lles expuxo as consignas da Unión Nacional Española e acordouse a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia. Como Manuel Castro non foi aceptado por todas as partidas déronlle o mando a Marcelino Rodríguez Fernández (Marrofer).

Intentou axudar a Cristino García Granda a facer o mesmo cos grupos que operaban nas serras de Gredos e Guadarrama pero non deron os resultados que procuraba. O 13 de xuño de 1945 nun enfrontamento entre a Garda Civil e Manuel Castro e os seus homes morreron cinco guerrilleiros. Os superviventes movéronse cara a Madrid para tentar relanzar a resistencia urbana. O 20 de outubro a policía detivo a Cristino García, Manuel Castro e varios dos seus homes. Xulgados en consello de guerra sumarísimo o 22 de xaneiro de 1946, Manuel e Cristino foron condenados a pena de morte o 8 de febreiro xunto con Antonio Medina Vega, Francisco Esteve, Luis Ávila Núñez, Francisco Carranque Muñoz, Eduardo González, Gonzalo González, Joaquín Almazán e Eduardo Fuertes. Foi fusilado na madrugada do 21 de febreiro de 1946 con Cristino García Granda e Antonio Medina nas tapias do cemiterio municipal de Carabanchel Bajo, onde foron soterrados.La Voz de Galicia, 22-2-1946, p. 6. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Cristino García Granda: comunista hasta el final por Xavier Lacosta.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes