San Xiao de Ousá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 130 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 61 homes e 69 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 150 habitantes (72 homes e 78 mulleres) e 25 menos que en 2004.

Nesta parroquia faise o pan de Ousá, un pan con sona en Galicia e ao que se lle dedica unha festa gastronómica compartida co queixo de Friol.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ousá

Parroquias de Friol

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Friol Ligazóns externas Ousá na web do concello de Friol

Categoría:Parroquias de Friol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao