Santa María de Xiá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo.

En 2024 tiña, segundo o Instituto Galego de Estatística, 268 habitantes (134 homes e 134 mulleres), distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2007, cando tiña 377 habitantes.

Nesta parroquia está a fortaleza de San Paio de Narla, un testemuño da época feudal e que hoxe é sede da sección de etnografía, artes e costumes populares do Museo Provincial de Lugo (Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla).

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Xiá

Parroquias de Friol

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Friol Ligazóns externas Xiá na web do concello de Friol

Categoría:Parroquias de Friol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María