Eduard Pons Prades, nado en Barcelona o 19 de decembro de 1920 e finado o 28 de maio do 2007, tamén coñecido polo pseudónimo de Floreado Barsino, foi un escritor especializado na Historia Contemporánea española do século XX, guionista documental, activo partícipe do Partido Sindicalista de Ángel Pestaña, militante da Confederación Nacional do Traballo e conferenciante.
Mocidade Fillo dun ebanista emigrante valenciano da vila de Alboraia, militante do Partido Federal e fundador do Sindicato Único de Elaborar Madera, Pons Prades naceu no barrio do Raval de Barcelona, pouco antes do asasinato, case embaixo da súa casa, do sindicalista Salvador Seguí, personalidade representativa do anarcosindicalismo barcelonés de principios do século XX, na que a súa propia familia militaba. O seu pai, unha vez coñecida por parte da burguesía catalá a súa condición de sindicalista, perdeu o negocio de ebanistaría e pasou a encargarse da biblioteca da Casa de Valencia en Barcelona onde simpatizou con Vicente Claver coñecido Republicano Federalista e impulsor do día do Libro na Festividade de Sant Jordi en España.
Súa nai, Gloria Prades Núñez, tamén emigrante valenciana do pobo de Almácera e militante do Partido Sindicalista, coa chegada da Segunda República Española entrou a traballar no Palau de la Generalitat pola amizade que mantiña a familia con Martí Barrera (conselleiro naquela época.
Xa dende moi novo, Pons foi alumno da Escuela Racionalista Labor, que continuaba a filosofía de Francesc Ferrer i Guàrdia e o seu director era Germinal Puig Elias. Alí asistiu ás ensinanzas de Alberto Carsi, enxeñeiro e xeólogo. Asistiu tamén ás conferencias que se realizaban no Asiátic. A súa vocación era a ensinanza e para iso estudou en L'Escola del Treball ("Escola do Traballo" da Escola Industrial de Barcelona), aínda que esta viuse frustrada polo comezo da guerra civil.
O seu pai suicidouse no 1936, o seu tío porén, "faísta" convencido, levou a ombros o cadaleito de Buenaventura Durruti por toda a chamada na época Vía Durruti, (a actual Via Laietana na Ciutat Vella) en novembro do mesmo ano 1936.
No 1937 afiliouse coma militante da CNT e colaborou activamente na colectivización do Consejo Económico de la Madera Socializada e outros locais como a Igrexa de Santa Madrona do barrio do Poble Sec.
Guerra civil Con 16 anos alistouse no Exército Republicano falsificando a súa idade, logrando o grao de sarxento de metralladoras, que recolleu de mans do poeta Miguel Hernández, daquela comisario político da 46ª División. Foi ferido o 17 de marzo do 1938 na defensa de Barcelona durante o bombardeo fascista. Unha vez recuperado das graves feridas ingresou na Quinta del Biberón onde coñece a Joan Llarch. Combateu despois na Batalla de Guadarrama, na Batalla de Brunete e na Batalla do Ebro con só 17 anos.
Coa derrota da República, participou na posterior evacuación de feridos republicanos de hospitais dende Barcelona ata a fronteira con Francia; desde o 15 de decembro de 1938 ao 10 de febreiro de 1939 conseguiron sacar do país a 10.300 feridos de guerra.
Segunda guerra mundial No 1939 exiliouse en Francia sendo ingresado coma ferido no hospital de Carcasona e logo tomou contacto co maquis francés e o exército galo durante a segunda guerra mundial, combatendo contra os exércitos alemáns nazis no sector entre Bélxica e Luxemburgo. Logo da derrota do exército francés, no 1942 tomou contacto con Manolo Huet, tentando salvar vidas de xudeus e de aliados no territorio francés. Xa integrado no exército dos Xenerais Leclerc e de Gaulle, interveu na liberación do departamento francés do Aude.
Posguerra Unha vez rematada a guerra, instalouse en Francia, desde onde organizou dúas viaxes a España por encargo do Partido Sindicalista, en outubro do 1944 e decembro de 1945. Nunha viaxe posterior cando se dispuña a volver a Francia cun guía do grupo de Quico Sabaté, foi detido o 5 de xaneiro do 1946 en Puigcerdà, pero puido fuxir tres semanas despois grazas a un suborno ao coronel que instruía o seu caso e fuxiu cara a Valencia onde tiña familiares deica volver de novo a Carcasona.
Continuou o seu labor de escritor e historiador, colaborando desde Francia en distintas publ ok okicacións, coma os Papeles de Son Armadans que editaba Camilo José Cela.
Puido á fin volver a España no 1962, grazas á amnistía concedida por Franco co gallo da coroación do Papa Xoán XXIII. Participou na fundación da editorial Alfaguara e afiliouse ao Sindicat de Periodistes de Catalunya, cos que seguiu a súa inesgotable loita pola liberdade, dando a coñecer nas súas obras a vida e afáns de tantos combatentes españois contra o nazismo e contra o franquismo, que se esqueceran ao rematar a loita. Colaborou tamén en diferentes publicacións e xornais como Historia y Vida, El Correo Catalán, Historia 16, Nueva Historia, El Periódico, Diari de Barcelona e El Correo de Andalucía, ademais de en revistas literarias coma Insula, Letras e Índice de Artes e documentais, xa fora como guionista-documentalista ou coma actor, como en La Guerrilla de la Memória.
Faleceu no Hospital de la Santa Creu i Sant Pau, de Barcelona, desde o que el mesmo recollera e evacuara a tantos feridos republicanos nos anos 1938-1939, a noite do 27 ao 28 de maio do 2007, sen poder ver saír á luz o derradeiro libro que redactara, sobre aspectos políticos da vida de Pablo Picasso.
Obras La venganza (novela) Los años oscuros de la transición española Los que SÍ hicimos la guerra Un soldado de la República Francia: verano de 1944 El holocausto de los republicanos españoles : vida y muerte, en los campos de exterminio alemanes 1940-1945 Guerrillas españolas (1936-1960) Españoles en los maquis franceses Los cerdos del comandante (españoles en los campos de exterminio alemanes) Morir por la libertad: españoles en los campos de exterminio Los vencidos y el exilio Años de muerte y de esperanza Crónica negra de la transición española 1976-1985 Las guerras de los niños republicanos 1936-1995 Los senderos de la libertad (Europa 1936-1945) Los niños republicanos en la guerra de España La guerrilla española en la II guerra mundial ¡Destruir la columna alemana! Republicanos españoles en la Segunda Guerra Mundial
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Pere Solà. Las escuelas racionalistas en Cataluña (1909-1939). Barcelona, Tusquets editor, 1976. Aisa Pampols, Ferran. Una història de Barcelona, Ateneu Enciclopèdic Popular (1902-1999). Lallevir SL / Virus editorial, Barcelona,2000 Febres, Grando, Queralt. Camps du mépris. Des chemins de l’exil à ceux de la résistance (1939-1945). Perpignan, Trabucaire, 1991 Pons Prades, Eduard (2002) Los senderos de la libertad. Europa 1936-1945, Barcelona: Flor del Viento. ISBN 84-89644-74-8
Ligazóns externas Revista polémica AEP: Morte de Eduard Pons Prades CGT Catalunya: Pons Prades CNT-AIT: Pons Prades Entrevista a Eduard Pons Prades: "Soy especialista en perder batallas" La Vanguardia - 22.07.2005 El Periódico de Catalunya: Floreado Barsino
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Anarquistas de Cataluña Categoría:Historiadores de Historia Contemporánea Categoría:Pedagogos de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Historiadores de Cataluña Categoría:Membros españois da Resistencia francesa Categoría:Anarcosindicalistas