Francisco Nemesio Lanza Álvarez, coñecido como Paco Lanza, nado nos Garitos (Ove, Ribadeo) o 26 de marzo de 1892 e finado en Buenos Aires o 14 de xaneiro de 1951, foi un xornalista e escritor galego de conviccións republicanas e galeguista.

Traxectoria A súa familia proviña de Vilaselán. Cursou os seus estudos en Ribadeo. Colaborou con Celestino Pérez Andrade e Camilo Cancio Quindós en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil. Foi un dos impulsores do Ateneo de Ribadeo en 1915. Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (que aínda existe), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu, ó parecer en colaboración co seu sogro Celestino Pérez Andrade, numerosos artigos baixo os pseudónimos de El Montañés e Un labrador gallego. Estes artigos eran de tal dureza que Celestino tivo que ausentarse da vila en numerosas ocasións por perigo da súa integridade. En 1927 comezou a súa relación co Seminario de Estudos Galegos, no que entrou en 1929 co seu traballo 'Ribadeo bajo el señorío de sus condes', formando parte das seccións de xeografía e de historia, colaborou na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos históricos e etnográficos sobre Ribadeo. Tamén colaborou en Faro de Vigo e El Sol (Madrid).

En 1931 emigrou a Buenos Aires, incorporouse á comisión de prensa de GaliciaGalicia, 24-5-1931, p. 1. e traballou en diversos periódicos e publicacións ata o momento da súa morte. Entre outras obras, durante a súa estancia na Arxentina, traballou como tradutor (José Maria Eça de Queirós, Immanuel Kant) para a editorial Sopena Argentina, asinando como F. L. Álvarez.

Á súa morte foi soterrado no cemiterio de La Chacarita.

Obra miniatura|Dos mil nombres gallegos. Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Ediciós do Castro en 1973 e logo polo concello de Ribadeo en 1999). Falan os de Ribadeo (publicado en Nós en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e Ediciós do Castro en 1974, o Día das Letras Galegas). Recolle tres traballos, o primeiro, que dá nome o volume, foi publicado na revista Nós en 1932. O segundo, 'O ensino en Ribadeo dende o século XVI ó XIX' tamén foi publicado en Nós en 1932. O terceiro, 'Ribadeo, baixo o señorío dos seus condes' publicárase no segundo volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos en 1929. A súa edición de 1974 foi prologada por Eduardo Gutiérrez Fernández. Dos mil nombres gallegos (Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).

Vida persoal

Casou con Rosa Pérez Fernández, filla de Celestino Pérez Andrade e tivo dous fillos. Recoñecementos A Agrupación Cultural Francisco Lanza fundouse en Ribadeo ós vinte anos do seu pasamento.

En Ribadeo ten unha rúa dedicada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas LANZA ÁLVAREZ, Francisco iesgamallofierros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ribadeo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1951