Tomás Luis Fábregas Boudín, nado en 1958 na Coruña e finado en Oakland (California) o 22 de setembro de 1994, foi un activista galego da loita contra a sida.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, en 1979 marchou a traballar a Nova York e logo mudouse a San Francisco. Enfermo de sida, foi membro directivo da San Francisco AIDS Foundation, unha das organizacións que loitaban na cidade contra a propagación desta enfermidade.

En 1992 acudiu ao Congreso Internacional sobre a Sida en Ámsterdam en representación da fundación onde traballabaMan With H.I.V. Challenges U.S. Entry Ban, New York Times, 27/7/1992. Naquel tempo, o goberno estadounidense establecera unha norma que impedía a entrada no país de persoas seropositivas. Fábregas declarou publicamente na asemblea de Ámsterdam a súa enfermidade e anunciou que retaba a administración estadounidense a que o detivese na fronteira. Pero a lei nunca se chegou a aplicar. Á súa chegada ao aeroporto de San Francisco dende Ámsterdam foi recibido por varios activistas da loita contra a sida.

Honras Unha asociación de San Francisco, a San Francisco AIDS Candlelight Vigil, concede anualmente os "Tomás Fábregas Awards" na loita contra a sida.

En 2013 o concello da Coruña inaugurou unha rúa co seu nome.A Coruña dedica una calle de Labañou a Tomás Fábregas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de homenaxe a Tomás Fábregas con documentos e información sobre el

Categoría:SIDA Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Activistas LGBT de Galicia Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes