Rosa Amores Valls, Rosita Amores, nada en Nules, provincia de Castelló, en 1938, é unha artista española de variedades, pioneira do cabaré erótico a mediados dos anos 1960, canda Rafael Conde, el Titi. Rosita Amores burlou a censura franquista en épocas en que o erotismo en España se reducía ó ámbito privado e converteuse nunha icona popular do espectáculo na Comunidade Valenciana.
Filmografía Visanteta, estate quieta (1979) El virgo de Visanteta (1979) Con el culo al aire (1980) Un negre amb un saxo (1989) Gràcies per la propina (1997) El robo más grande jamás contado (2002).
Categoría:Actores da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Nules Categoría:Nados en 1938 Categoría:Artistas de cabaré