miniatura|dereita|Sepulcro gótico de Fernán Peres de Andrade, O Boo, quen patrocinou a tradución ao galego da Crónica troiana, igrexa de San Francisco, Betanzos.
miniatura|dereita|Le Roman de Troie (1160) de Benoît de Sainte-Maure será a fonte de diversas obras europeas sobre a guerra de Troia. A Crónica troiana é unha obra literaria medieval escrita en galego-portugués. Encádrase dentro do ciclo troiano, un dos ciclos narrativos con máis éxito na literatura medieval. A súa fonte orixinaria sería o Roman de Troie, escrito en francés por Benoît de Sainte-Maure. A súa versión galega consérvase nun manuscrito de 1373, obra de Fernán Martís, capelán de Fernán Pérez de Andrade, O Boo. Fonte O ciclo de Roma ou de Troia, tamén denominado clásico, constituíu na Idade Media un dos ciclos narrativos máis exitosos da literatura europea. En 1160, Benoît de Sainte-Maure escribe o seu Roman de Troie, inspirado nuns textos apócrifos supostamente contemporáneos á guerra de Troia. Estes serían a Historia da destrución de Troia, de Dares o Frixio, e a Ephemeris belli Trojani, de Dictis de Creta. A obra de Benoît de Sainte-Maure tivo un enorme éxito na época e apareceron numerosas versións nas distintas linguas europeas. En galego-portugués consérvase a Crónica troiana e a Historia troiana.
A Crónica troiana Trátase do ms 10233 da Biblioteca Nacional de Madrid. O códice componse de 185 follas de pergamiño escritas a unha única columna. A letra é francesa e sería obra de varios copistas. Na folla 100 indícase que a copia foi rematada o 20 de xaneiro de 1373, por man de Fernán Martís, que realiza o traballo por mandado de Fernán Pérez de Andrade, señor de Pontedeume e Betanzos:
Polo estilo da escritura dedúcese que as cen primeiras follas son obra de Fernán Martís, así como as que van desde a 119 á 128. O resto sería obra de copistas que traballaban no escritorio de Fernán Martís, localizado en Pontedeume ou Betanzos.
Esta versión partiría dunha versión en castelán do Roman de Troie. Porén, é moi posíbel que esta mesma versión castelá tivese como fonte orixinaria unha versión galega anterior. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Historia troiana
Ligazóns externas
Fragmentos de prosa medieval, incluída a Crónica troiana Artigo sobre Fernán Martís no caderno n.º 1 do Ateneo Eumés.
Categoría:Literatura medieval Categoría:Crónicas medievais de España Categoría:Literatura medieval da Guerra de Troia