Francisco Elvira Cuadrado, nado en Argecilla (Guadalaxara) en 1910 e finado en Casaio o 27 de xullo de 1946, foi un militar e guerrilleiro antifranquista español.

Traxectoria Foi militante do PCE, durante a Guerra Civil loitou co exército republicano e tras a guerra estivo preso no campo mineiro de Casaio ata que fuxiu en maio de 1944, pasando ao Barco de Valdeorras. Finalmente botouse ao monte converténdose no líder dos guerrilleiros comunistas e xefe militar da II Agrupación Guerrilleira. En marzo de 1945, nun intento de evitar a escisión entre comunistas e socialistas, accedeu ao Estado Maior da Federación de Guerrillas de León-Galicia, Elvira mostrouse en todo momento partidario da unidade entre os comunistas e os socialistas, intentando a reunificación do movemento guerrilleiro en Galicia. Morreu o 27 de xullo de 1946 nun avance da Garda Civil sobre o campamento no que se estaba a realizar o coñecido como Congreso da Reunificación con Arcadio Ríos Rodríguez.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Argecilla Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1946