Este artigo trata sobre o aviador, para o artigo sobre o aberto de tenis véxase Torneo de Roland Garros.

Roland Garros, nado en Saint-Denis, Reunión, o 6 de outubro de 1888 e finado en Ardenas o 5 de outubro de 1918, foi un piloto francés, pioneiro da aviación.

Traxectoria O 23 de setembro de 1913 logrou efectuar a primeira travesía a través do mar Mediterráneo a bordo dun Morane-Saulnier. Tardou 5 horas e 53 minutos, malia que o motor sufriu unha avaría en Córsega. Quedábanlle 5 litros de gasolina cando aterrou en Bizerte. Durante a primeira guerra mundial foi piloto militar aéreo, conseguindo cinco vitorias.

Creou un sistema para disparar as metralladoras a través da hélice do avión, aínda que non implicaba sincronismo: simplemente as pas da hélice recubríanse cunha placa metálica que as blindaba. Derribado polos alemáns, foi apresado sen poder destruír o seu avión. O seu sistema foi axiña estudado e mellorado por Anthony Fokker, que decidiu sincronizar o disparo das metralladoras co paso das pas da hélice.miniatura|esquerda|Anverso dos 10 francos Roland Garros (1988).|150x150px Morte e recoñecementos miniatura|250px|Estatua en Barachois. Logrou fuxir, volvendo ó seu lugar na fronte. Pero nun combate aéreo o 5 de outubro de 1918 foi derribado nas Ardenas, preto de Vouziers. Membro do Stade Français e xogador afeccionado de tenis, tivo a honra póstumo de dar nome ó estadio parisiense e ó torneo de tenis que se celebra cada ano en París.

En 1988, a Monnaie de Paris emitiu unha moeda de 10 francos conmemorativa da súa travesía polo Mediterráneo."10 francs Roland Garros". Numista.com

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda de 10 francos Roland Garros

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1888 Categoría:Pioneiros da aviación Categoría:Primeira guerra mundial Categoría:Finados en 1918