Es Castell é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 11,66 km² onde no ano 2020 vivían 7 572 habitantes.

Entidades de poboación Cala Sant Esteve Es Castell El Fonduco Santa Anna Sínia d'en Riera Sol de l'Est Son Vilar Trebalúger

Demografía Evolución da poboación de Es Castell dende o ano 1950 ata agora:

Política Desde a finalización do franquismo, Es Castell tivo 6 alcaldes diferentes. O primeiro, en 1979, foi José Tadeo, único alcalde menorquino do momento que non pertencía á UCD. Sucedeuno Jaume Peralta, que foi alcalde desde 1983 até 1991. De 1991 a 1995 alternáronse na alcaldía Bernat Llompart (PP) e Ester Riudavets (PSM), e en 1995, durante dous mandatos, ocupou o cargo María Borràs (PSOE). En 2003 o PSOE, encabezado por Irene Coll, volveu gañar as eleccións municipais, pero en 2004 esta foi expulsada do partido e pasou a gobernar xunto co PP. Tralas eleccións de 2007, por mor de que non había unha maioría absoluta, os partidos IPEC, de Irene Coll, e Partido Popular, pactaron a alcaldía de tal forma que Irene Coll volveu gobernar a xunta local até xuño de 2008 para, posteriormente, a alcaldía pasar a Juan Cabrera Valenzuela (PP).

Lluís Camps (PP) substituíu en 2011 a Juan Cabrera Valenzuela como alcalde de Es Castell tras conseguir nas eleccións municipais dese ano o 42,85% dos votos no concello polo 19,27% do PSOE, que quedou en segunda posición. Catro anos máis tarde, en 2015, Camps revalidou a alcaldía cun 43,98% dos votos, pero o PSOE conseguiu recortar distancias e aumentou a súa porcentaxe de votos até o 25,31%. En 2018, Camps anunciou que non volvería presentarse a un terceiro mandato, sendo Dinonisio Marí a persoa elixida polo PP para representar o partido nas eleccións municipais de 2019 e revalidar a alcaldía.

En 2019, o PSOE e Som Es Castell chegan a un acordo para investir a socialista Joana Escandell como nova alcaldesa do concello tras conseguir sumar ambas formacións o 46,73% dos votos polo 43,98% do Partido Popular, que foi novamente o partido máis votado na localidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Es Castell Ficha minicipal na páxina do Institut d'Estadística de les Illes Balears

Castell