Santa Eulària des Riu é un concello situado na zona oriental da illa de Eivisa, no arquipélago das Illas Baleares. É o segundo concello máis poboado da illa con 34.946 habitantes (2012), por detrás da vila de Eivisa.

Historia left|250px|thumb|Vista da vila Na época musulmá a zona chamábase Xarc. Coa conquista aragonesa modificouse a división da illa en cuartos similares á organización municipal actual. O cuarto de Santa Eulària correspondeu ao infante Pedro de Portugal, señor feudal de Guillem de Montgrí, bispo de Tarragona, o cal tiña os dereitos reais de conquista. O rei de Aragón Xaime I adquiriu os dereitos de Pedro de Portugal, pasando a chamarse «Quartó del Rei». Isto provocou algúns problemas xurídicos xa que o rei, en Eivisa, era señor feudal do bispo de Tarragona o cal, á súa vez, era vasalo do rei de Aragón.

A localidade xurdiu arredor da igrexa na cima do Puig de Missa. A igrexa actual é do século XVI así como a torre anexa desde a que se podía defender con artillaría toda a comarca.

Xeografía O termo municipal comprende, ademais da parroquia de Santa Eulària des Riu, as de Sant Carles e Santa Gertrudis, e tamén a parroquia de Nostra Senyora de Jesús e el Puig d'en Valls.

O nome de Santa Eulària provén da igrexa que construíron inmediatamente despois da conquista. Ademais, ten o único río da illa, importante na época polo regadío da horta e polos muíños fariñeiros.

Demografía Evolución da poboación de Santa Eulària des Riu dende o ano 1950:

Poboación por entidades: Nostra Senyora de Jesús: 4.499 hab. Puig d'en Valls: 3.613 hab. Sant Carles de Peralta: 3.195 hab. Santa Eulària des Riu: 13.737 hab. Santa Gertrudis de Fruitera: 1.680 hab.

Política

A repartición de escanos nas dúas últimas lexislaturas quedou deste xeito:

<th> PSOE PP ExC Total 2011 6 14 1 21 2007 8 13 0 21 </div>

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web do concello Información do Institut d'Estadística de les Illes Balears

Categoría:Concellos de Eivisa