Santiago de Castelo dos Infantes é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 44 habitantes (20 homes e 24 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 50 habitantes.
Lendas
Segundo a lenda, nun castelo de Castelo dos Infantes vivía un nobre que tivo que ir á guerra co islam cando a súa dona estaba embarazada. Chegado o momento do parto, a dona tivo sete meniños, o que a asustou en extremo. Téñase presente a crenza en que os partos múltiples se achacaban a manter relacións sexuais con varios homes.
Para evitar problemas co seu home, ordenou a unha criada que os matara, a todos menos ó primoxénito, deixándoos nunha cesta aboiando no río. Cando a criada ía facelo aparecéuselle un cabaleiro preguntando qué tiña na cesta, ó que contestou dicindo que eran varios cadelos. O cabaleiro insistiu e a criada terminou contándolle a verdade. Entón, o cabaleiro tomou os meniños e confiounos a un figalgo amigo seu, esixiendo á criada que non contase o sucedido.
Pasados os anos, o rapaz que quedara na casa alcanzou a maioría de idade e a nai celebrou unha festa no seu honorNunha variante da mesma lenda, a festa celébrase co gallo da primeira comuñón do meniño.. Pero durante a celebración entran no palacio os seis irmáns. A nai recoñeceunos e, co asombro, morre.
Lugares e parroquias Lugares de Castelo dos Infantes
Parroquias de Sarria
Notas
Outros artigos Lugares de Sarria
Categoría:Parroquias de Sarria Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior