O Sobreiro é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 111 habitantes (49 homes e 62 mulleres).

Chégase a través da PO-206 que comunica A Reigosa con Taboadelo e Ponte Sampaio.

Economía A maior parte da poboación dedícase ó sector primario, pero tamén hai xente empregada no próximo polígono industrial do Campiño. Tamén hai algunha pequena empresa.

Patrimonio No corazón da aldea está a igrexa parroquial de San Martiño de Xustáns, do século XVIII, co cemiterio anexo. Ao lado dela, na antiga casa reitoral, está a escola pública unitaria de educación infantil. Hai tamén un pequeno parque.

Lugares e parroquias Lugares de Xustáns

Parroquias de Ponte Caldelas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas

Categoría:Lugares de Ponte Caldelas