miniatura|Miniatura medieval procedente do Tombo A da Catedral de Santiago de Compostela onde se representa a Ordoño II xa como rei. Conde de Galiza foi un título que se empregou no Reino de Galiza durante a Idade Media, desde o século IX até o XIII. Usado en diferentes circunstancias e mediante diversas fórmulas, tivo significados mutábeis, podendo facer referencia, nunha primeira etapa, a grandes magnates que eran lugartenentes do rei ou, máis serodiamente, á cabeza visíbel da nobreza galega.

Séculos IX-XI Após a finalización do longo reinado de Afonso II no ano 842, a converxencia de intereses entre a aristocracia galega e Ramiro I, a cal lle permitira depor a Nepociano polas armas e acceder ao trono, fixo que a relación entre os magnates e os reis fose un pouco máis lonxe mediante a adquisición por parte dos aristócratas da condición de funcionarios reais. Deste xeito, os magnates, que eran os que rexían nos seus propios dominios, comezaron a se denominar condes (comites), unha titulación que supuña unha elevada posición social e outorgaba un carácter non-rexio. Non era nesta altura un título nobiliario; senón a expresión do cargo de xefe militar ao mando de exércitos propios. Segundo a serie recompilada en 1795 por Juan Francisco Masdeu, o primeiro coñecido sería o conde Pedro, mencionado na Crónica Albeldense facendo fronte a un ataque normando so o reinado de Ordoño I (850-866)«60. […] Eius tempore Lordomani iterum uenientes in Gallicie maritimis a Petro comite interfecti sunt». Chronicon Albeldense. e identificado por algúns autores con Pedro Theon.

Froila (até o 866) Flacidio (até o 875) Witiza (até o 895) Hermenexildo Gutérrez (895-912) Ordoño II, rei de 910 a 924. Sancho Ordóñez, rei de 926 a 929. Guterre Osórez (916-941). Osorio Gutérrez (morto en 980). Gonzalo Mendes ou Gonçalo Mendes ou Gonzalo Méndez ou Gonzalo Menéndez (919-985). Paio González ou Pelayo González (até 959). Mendo González ou Melendo González ou Menendo Gonzalez ou Mendo Gundisalviz (até 1008) Mendo Nunes e Velasco Almeiuz (1042)

Séculos XI-XIII miniatura|Raimundo de Borgoña, conde de Galiza. En 1073 Rodrigo Ovéquiz, conde de Lugo, rebelouse contra o rei Afonso VI e autoproclamouse conde de Galiza.. “comes Galletiae”

Rodrigo Ovéquiz (c. 1073-1088)

Condado de Galiza Xa contra 1087, no medio dunha rebelión liderada por Rodrigo Ovéquiz e apoiada polo bispo de Santiago, Diego Páez, cuxo obxectivo era repor o rei García II e casalo cunha filla de Guillerme o Conquistador, Afonso VI creou o condado de Galiza e cedeuno ó seu xenro Raimundo. Adicionalmente, arredor da súa figura creouse unha estrutura administrativa propia dun monarca (con chanceler, mordomo e meiriño mor propios), de xeito que atinxiu elevadísimas cotas de poder, empregando fórmulas propias da realeza e suplantando a autoridade do rei. Así, o conde borgoñón gobernou o territorio galego con total autonomía, como se fose un auténtico principado feudal ou mesmo unha especie de vicerreinado. Os seus dominios como conde de Galiza chegaban até Zamora e Salamanca, onde exercía igualmente a súa autoridade.

Raimundo de Borgoña (1087.-1107), coa súa muller Orraca (1087-1109)

Casa de Trava Coa morte de Raimundo, o seu principal valedor e cabeza da nobreza galega, Pedro Froilaz de Trava, converteuse no seu sucesor.

Pedro Froilaz de Traba (1107-1128) Fernán Pérez de Traba (1128-1155), fillo do anterior Rodrigo Pérez de Trava (1155), irmán do anterior Gonzalo Fernández de Trava (1153-1160), fillo de Fernando Fernando González de Trava (1160-1165),. fillo do anterior Gómez González de Trava (1160-1211), irmán do anterior Rodrigo Gómez de Trava (1211-1261), fillo do anterior

Os Vela Ademais da predominante Casa de Trava, os descendentes do conde Vela Ovéquiz (†1085), irmán de Rodrigo Ovéquiz, que son coñecidos como os Vela, tamén se denominaron condes de Galiza.

Rodrigo Vélaz (†1141) Álvaro Rodríguez (†1167)Estaba casado coa condesa Sancha Fernández, filla de Fernán Pérez de Traba e Tareixa de Portugal., fillo do anterior Rodrigo Álvarez (†1187), fillo do anterior

Outros Outros magnates tamén aparecen nalgún momento como condes de Galiza.

Sueiro Vermúdez (1109) “Suarius Veremudiz consul Gallecie”, “Los paralelos son muchos y suficientemente evidentes para poder afirmar con seguridad que consul designa la dignidad nobiliaria de «conde»”Sobriño de Rodrigo e Vela Ovéquiz, foi parte da curia de Raimundo de Borgoña. Ramiro Froilaz (1152).Era fillo de Froila Díaz, quen pertencera á curia de Raimundo de Borgoña, polo que non é irmán de Pedro Froilaz de Trava.

Século XIV

Após a morte de Rodrigo Gómez sen sucesión, a nobreza galega ficou sen unha cabeza visíbel. Pedro Fernández de Castro, señor da casa de Lemos, que foi pertegueiro mor de Santiago, encomendeiro do bispado de Lugo e adiantado mor de Galiza, entre outros, é considerado o sucesor por mor das altas cotas de poder que atinxiu, malia que nunca empregou o título de conde de Galiza. O seu fillo, que ademais foi conde de Lemos, Trastámara e Sarria, seguiu encabezando o poder político galego.

Pedro Fernández de Castro (1328-1343) Fernando Ruiz de Castro (†1377), fillo do anterior

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Reino de Galicia Condado de Portugal

Ligazóns externas Condado de Galicia en Xenealoxías do Ortegal, por José Luis Lamigueiro. Los Condes de Galicia (Comes Galliciae) por Bermúdez de Castro

Categoría:Listas de personalidades de Galicia

Categoría:Nobreza de Galicia Categoría:Historia medieval de Galicia