Encamp é unha parroquia de Andorra situada a 1.300 metros de altitude, na zona alta do país. Dos cinco lugares que anteriormente formaban a parroquia (Encamp, el Tremat, la Mosquera, les Bons e Vila) só este último quedou actualmente diferenciado do núcleo principal. Tiña 13.521 habitantes en 2011.

No extremo leste da parroquia, El Pas de la Casa é a única área do país de vertente atlántica (nace o río Ariège). El Pas de la Casa ten acceso por estrada con Francia e o único punto de fronteira con aduana co país veciño.

Boa parte do territorio está ocupado por unha estación de esquí (Grand Valira), compartida co común de Canillo. Pódese acceder desde o Funicamp.

Lugares de interese Museo Nacional do Automóbil, con modelos únicos e unha sección dedicada á bicicleta. Conxunto medieval de Les Bons. Igrexa románica de Santa Eulàlia d'Encamp. Estación de esquí Pas de la Casa-Grau Roig, hoxe forma parte de Grandvalira.

Cidades irmandadas Mojácar (Almería)

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Parroquias de Andorra