San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Toponimia O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.VILLARES, R. (2004): Historia de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, páx. 86.
Patrimonio A igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.
A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.
Lugares e parroquias Lugares de Cumbraos
Parroquias de Monterroso
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monterroso
Categoría:Parroquias de Monterroso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía