Santa María de Tarrío é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 52 habitantes, deles 26 eran homes e 26 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio A igrexa de Santa María de Tarrío é un edificio románico que se conserva case íntegro. Foi construída entre finais do século XII e principios do XIII. O seu pórtico principal, o arco triunfal, varios dos seus canzorros ou o sagrario primitivo están en bo estado de conservación.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Tarrío

Parroquias de Monterroso

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monterroso

Categoría:Parroquias de Monterroso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María