O abau é unha lingua da familia papúa.

Características Fálase no distrito de Green River, na provincia de Sandaun, Papúa-Nova Guinea, nas beiras dos ríos Sepik e Green, preto da fronteira con Indonesia

Calcúlanse en 4.500 ou 5.000 os falantes, distribuídos en 28 aldeas, a máis grande, Yapru, tiña 400 habitantes en 1981. As diferenzas entre as diferentes aldeas de lingua abau son escasas, aínda que os lingüistas recoñecen tres variedades.

Non hai literatura en abau, tan só hai publicados unha gramática e diversas traducións de libros da Biblia feitos por misioneiros.

Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue Papuaweb - colección de referencias da lingua abau(PDF)

Categoría:Linguas sepik Categoría:Linguas papúas Categoría:Linguas de Papúa-Nova Guinea