Santiago de Entrambasaugas é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 191 habitantes, deles 96 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón un aumento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Historia No lugar de Xoiane está situado o menhir coñecido como "Penalonga".

Santiago de Entrambasaugas aparece mencionada nun documento de Afonso III (ano 897) como Santiago de Senari. Segundo outro documento do século XI, Suario Muñiz e Sancha Velaz fan doazón á igrexa de Lugo das posesións que tiñan na freguesía. Aquí tivo o seu asentamento a casa mosteiro de San Fiz de Ermo, que séculos máis tarde pasou ás mans dos templarios.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Entrambasaugas

Parroquias de Guntín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guntín

Ligazóns externas As parroquias de Guntín na web do concello

Categoría:Parroquias de Guntín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior