Santo Estevo da Mota é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 105 habitantes, deles 48 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio Destaca a fortaleza da Mota, construída no século IX polo conde de Lugo Ero Ordóñez. No século XVII figura como propietario o bispado de Lugo. O conxunto defensivo foi destruído durante a revolta irmandiña, pero consérvase gran parte do recinto amurallado.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Mota

Parroquias de Guntín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guntín Ligazóns externas As parroquias de Guntín na web do concello

Categoría:Parroquias de Guntín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo