Acontecementos

Xoán VIII, novo papa (até 882). O exército e a mariña de Harald Harfager toman o control da Noruega após a batalla de Hafrsfjord. Harald, primeiro rei de Noruega. En maio os viquingos ocupan Angers e son sitiados por Carlos o Calvo. En outubro Carlos o Calvo negocia con Roric, xefe dos normandos do Sena. Independencia do reino de Gascoña con Sancho I Mitarra como primeiro rei. Lois II, coroado emperador por segunda vez. O emperador bizantino Basilio I adopta unha estratexia ofensiva cara ao islam e ocupa as pasaxes do Tauro. A rexión de Dinawar, en Persia, sacudida por un tremor de forza 6,8. A vítimas estimadas foron unhas 20 000.

Nacementos Al-Farabí, sabio e místico persa. Ki no Tsurayuki, poeta xaponés (m. 945).

Mortes Hadrián II, papa. Fujiwara no Yoshifusa, rexente xaponés. Ivar Ragnarsson, xefe viquingo, conquistador de Anglia Oriental.

Outros Tradúcese á lingua árabe a Xeografía de Tolomeo

Historia ano a ano

Categoría:872