Scutum, ou Escudo, é unha pequena constelación do hemisferio sur celeste. É unha das 88 constelacións aceptadas pola Unión Astronómica Internacional. Foi creada por Johannes Hevelius no 1690 baixo o nome de Scutum Sobiescii ou Scutum Sobiescianum (o "escudo de Sobieski"), para honrar o rei e heroe polaco Xoán III Sobieski. É a única constelación moderna que se asocia a unha figura histórica.

Cunha área de 109 graos cadrados, Scutum é a quinta constelación de menor tamaño. A máis brillante das súas estrelas é Alfa (α) Scuti (mag. 3.85). Porén, a Vía Láctea atravésaa, e unha das súas rexións máis brillantes localízase no extremo nordeste desta constelación. Esta área comunmente recibe o nome de Nube Estelar de Scutum.

Mitoloxía dereita|300px|miniatura|Scutum e constelacións circundantes.

Scutum é unha constelación moderna, foi inventada a finais do século XVII. Por isto, non ten ningún elemento mitolóxico asociado a ela. Con Coma Berenices é unha das poucas constelacións que fan referencia a unha figura histórica no canto de facer referencia a unha figura mitolóxica ou a un obxecto.

Estrelas principais Nome Mag. α(X2000.0) δ(X2000.0) Distancia anos luz Comentarios Alfa (α) Scuti 3,85 18h 35m 12,4s −08° 14' 39" 174 Beta (β) Scuti 4,22 18h 47m 10,5s −04° 44' 52" 690 estrela binaria, magnitudes 4,22 e 8,5 Delta (δ) Scuti, ADS 11581 4,70v 18h 42m 16,4s −09° 03' 09" 187 estrela variable; variación: 4,60–4,79 cun período de 4h40m o prototipo das variables tipo Delta Scuti sistema estelar de tres estrelas; magnitudes: 4,72v; 9,2; 12,2 R Scuti 5,38 18h 47m 29,0s −05° 42' 18" estrela variable; variación: 4,5–8,2 cun período de 140 días Struve 2325, ADS 11414 5,72 18h 31m 25,7s −10° 47' 45" estrela dobre; magnitudes: 5,8; 9,1 PSR 1829 18h 32m 40,9s −10° 21' 34" pulsar Mag. = Magnitude aparente | α = ascensión recta | δ = declinaciónFonte: The Bright Star Catalogue, 5ª ed. revisada., Catálogo de Hiparco, ESA SP-1200

Obxectos Notables do espazo profundo Scutum posúe varios cúmulos abertos e globulares, así coma algunhas nebulosas planetarias. Entre os cúmulos galácticos máis notables atópanse M11 (NGC 6705), o "Cúmulo dos Patos Salvaxes", e M26 (NGC 6694). O cúmulo globular NGC 6712 e a nebulosa planetaria IC 1295 atópanse na parte leste desta constelación, a tan só 24 minutos de arco de separación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4.

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Scutum Star Tales – Scutum

Categoría:Constelacións