Sextans ou Sextante é unha constelación menor do sur que foi inserida no século XVII por Johannes Hevelius. Inseriuna en lembranza polo instrumento que perdera nun incendio. Está situada entre Leo e Hydra e non é unha constelación particularmente brillante. Non hai mitoloxía asociada a esta constelación.

Estrelas principais α Sextantis, estrela xigante branca, a máis brillante da constelación con magnitude aparente 4,48. β Sextantis, estrela variable Alfa2 Canum Venaticorum cun brillo que oscila entre magnitude 5,00 e 5,10. γ Sextantis, sistema estelar triplo de magnitude conxunta 5,07. As dúas compoñentes principais son estrelas brancas da secuencia principal. ε Sextantis, xigante amarela de magnitude 5,25. SS Sextantis (25 Sextantis), variable Alfa2 Canum Venaticorum de magnitude 5,93 que amosa unha pequena variación no seu brillo de 0,04 magnitudes. LHS 292, anana vermella e estrela fulgurante nas proximidades do sistema solar.

Obxectos notables do espazo profundo Galaxia HD1, o obxecto máis distante observado, descuberta en abril de 2022. Galaxia elíptica NGC 3115 ou Galaxia de Spindle, de magnitude 9, que se ve aplanada coa forma dun lente. Galaxia Anana de Sextans, de magnitude 12, galaxia satélite da Vía Láctea que forma parte do Grupo Local. Sextans A, outra galaxia anana máis distante, nos límites do Grupo Local.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4.

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Sextans Star Tales – Sextans

Categoría:Constelacións