miniatura|dereita|Escudo de Galicia coa coroa forrada en cor goles Goles é unha cor en heráldica, que se corresponde co vermello, procedente do francés gueules. Hai que ter en conta que goles é un substantivo masculino invariable en singular e plural, mentres que a forma *gules é un castelanismo.

Corresponde cunha cor vermella intensa. Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunhas liñas negras verticais.

O nome parece vir do francés gueule (fauces), pola cor do interior da boca dos animais.

Significado Por ser a cor do sangue, o seu uso ten sempre unha referencia a feitos bélicos e á representación da forza do persoeiro ou país representado nos escudo. Tampouco hai que deixar de lado o feito de que se trata dunha cor primaria, moi usada, polo tanto, en heráldica.

Uso Algúns usos do goles: Moi usado na heráldica polaca, por exemplo no Escudo de Polonia. Tamén é propio da heráldica dos emiratos do Golfo, por exemplo na Bandeira de Bahrain. No século XX, foi a cor adoptada polo Comunismo.

Notas

Categoría:Esmaltes heráldicos