Susan Brownell Anthony, nada en Adams,Massachusetts, o 15 de febreiro de 1820 e finada en Rochester, Estado de Nova York, o 13 de marzo de 1906, foi unha reformadora e sufraxista norteamericana.
Traxectoria De familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.
esquerda|miniatura|140x140px|Anverso do coñecido como dólar Susan B. Anthony, que amosa o seu busto (deseño: Frank Gasparro)
Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.
A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.
Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Estadounidense, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1900).«Susan B. Anthony, luchando por votar ». www.diarioelinforme.com.ar. 16 de marzo de 2020. Consultado el 15 de febrero de 2021.En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (1884–1887).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Claus Bernet: Susan B. Anthony, en: BBKL, 29, 2008, 93-101.
Outros artigos Dólar Susan B. Anthony
Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1820 Categoría:Nados no condado de Berkshire, Massachusetts Categoría:Finados en 1906 Categoría:Abolicionistas Categoría:Sufraxistas