San Vicente de Mourulle é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2021 tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres). Historia

En rigor, a parroquia non ten ningún núcleo, posto que o seu único lugar, Mourulle, foi anegado polas augas do encoro de Belesar no Nadal de 1962. Moitos veciños instaláronse no lugar de Friamonde, na parroquia de San Xillao de Insua, a escasos quilómetros.

Tamén a poucos quilómetros atopábase a Ponte Mourulle construída despois da guerra civil utilizando presos políticos como man de obra. Foi logo bautizada como Ponte Fortes, en homenaxe ao comerciante taboadés que máis impulso lle deu. Permitía cruzar o río na estrada entre Rubián e Palas, sendo a única ponte entre Portomarín e Chantada, e foi igualmente anegada co encoro. En 1967 construíuse a nova ponte, uns metros máis abaixo, coñecida como Ponte Mourulle ou, popularmente, Ponte dos Parafusos.

Mourulle deu nome tamén á paraxe onde se construíu o club náutico municipal en 1999.

Demografía

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Mourulle

Parroquias de Taboada

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Taboada

Categoría:Parroquias de Taboada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente