dereita|miniatura|Igrexa parroquial. Santa María Madanela de Sobrada de Aguiar é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 146 habitantes, deles 72 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
O Castro de Riazás está situado nunha leira de propiedade privada, segundo a tradición popular uníase á torre de Sobrada de Aguiar a través dunha galería subterránea. A torre, derrubada polos irmandiños en 1467, foi construída no século XV por Fernán Pérez de Ribadeneira sobre unha edificación anterior.
A uns metros da Torre de Sobrada atópase a Casa de Sobrada con escudo acuartelado con armas de Andrade, Aguiar e Ribadeneira (hoxe no Museo Provincial de Lugo).
Festas Virxe da Madalena, o domingo máis próximo ao 22 de xullo.
Lugares e parroquias Lugares de Sobrada de Aguiar
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Sobrada de Aguiar na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de María Madalena