Santa María de Feces de Abaixo é unha parroquia do concello de Verín na comarca de Verín, na provincia de Ourense.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 301 habitantes (156 homes e 145 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 420 habitantes.
miniatura|Lamadarcos, Feces de Cima e Feces de Abaixo no Catastro de Ensenada (1753).
Xeografía Está situada ao sur do concello de Verín, xusto no límite co concello portugués de Chaves, separándose da freguesía de Vila Verde da Raia a través do río de Feces. Ao oeste está limitada polo río Támega.
Está atravesada pola estrada N-532 e pola autovía A-75. É a vía de entrada en Galiza da Ruta da Prata do camiño de Santiago.
Como punto frointeirizo, tivo unha alfándega en servizo até que en 1992 España e Portugal adoptaron o Acordo de Schengen.
Lugares e parroquias Lugares de Feces de Abaixo
Parroquias de Verín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Verín
Categoría:Parroquias de Verín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Localidades do Camiño da Vía da Prata