BixkekAtlas Mundial Galego Online ou BichkekCriterios para o uso da linguaLingua galega. Dúbidas lingüísticas (en alfabeto cirílico: Бишкек, IPA /bi 'kek/) é a capital de Kirguizistán. Bixkek é tamén o centro administrativo da Rexión de Chuy que rodea a cidade, aínda que a cidade mesma non é en si parte da provincia pero é unha unidade provincial de Kirguizistán.
Fundada en 1878 coma a fortaleza rusa de Pishpek (Пишпек), entre 1926 e 1991 era coñecida como Frunze (Фрунзе), polo líder militar bolxevique Mikhail Frunze. Crese que o nome deriva dunha palabra kirguiza para facer o leite de egua fermentado (kumis), a bebida nacional kirguiza. Está no val do Chu, no curso dos ríos Alaarcha e Alamedín, ao pé dos montes Kirguiz, a poucos quilómetros de Kazakhstán. A súa altitude é de 850 m sobre o nivel do mar.
Xeografía Situación Sitúase no norte do Kirguistán, a uns 800 msnm xusto ao carón da franxa norte da cordilleira Ala-Too, unha extensión da cordilleira Tian Shan, que chega a elevarse a 4800 metros sobre o nivel do mar. No norte da cidade atópase unha fértil estepa suavemente ondulada que chega até a fronteira con Kazakhstán.
Hidrografía A cidade está percorrido polo río Chui, un río nado na confluencia dos ríos Joon Aryk e Kochkor, que é dos máis longos e importantes do país cos seus 1067 quilómetros.
Clima Bixkek ten un clima continental seco de verán e mediterráneo dependendo de que isoterma se use. (Clasificación climática de Köppen Csa / Dsa respectivamente).. A precipitación media é de arredor 440 milímetros por ano. As temperaturas medias diarias altas varían de 3 °C en xaneiro a aprox. 31 °C en xullo. Os meses de verán son principalmente secos, con tormentas ocasiónais que forman fortes ventos racheados e raras tormentas de po. As montañas do sur fan un límite natural e protección contra gran parte do clima danoso, igual que a pequena cadena montañosa que se atopa de noroeste a sueste. Nos meses de inverno, as características dominantes son as escasas tormentas de neve e frecuente néboa pesada. Ás veces hai inversións de temperatura que fan que a néboa dure días.
Demografía Bixkek é a cidade máis poboada do Kirguizistán, a súa poboación foi estimada en 937.400 no ano 2015. Dende a fundación da cidade até a mediadios dos anos noventa do século XX, a xente que habitaba a cidade eran a meirande parte de etnias procedentes de Europa (rusos, ucraínos, alemáns...). Segundo o censo de 1970, só un 12,3% eran de etnia kirguiz e os europeos comprendían máis do 80% da poboación. Agora Bixkek está formada principalmente por xente de etnia kirguiz cunha porcentaxe do 66% da poboación, mentres que os europeos superan por pouco o 20% do total. Malia a maioría kirguiz, o ruso é a lingua principal da cidade mentres que o kirguiz segue a perder terreo especialmente nas novas xeracións.
Composición étnica Etnia % da poboación Kirguiz 66,2% Rusos 23% Uigures 1,6% Tártaros 1.5% Coreanos 1,4% Uzbekos 1,4% Kazakos 1,1% Ucraínos 1% Dungáns 0,5%
Morfoloxía urbana En pouco máis dun século a cidade pasou dun pequeno poste de correos ao centro industrial e económico do país e unha das cidades máis importantes de Asia Central.
Distritos Distrito Poboación Leninskiy 198,019 Oktyabrskiy 238,329 Pervomayskiy 171,467 Sverdlovskiy 214,100
Historia Orixinariamente o que queda dunha parada de caravanas (posiblemente fundada polos sogdianos) nun dos ramais da ruta da Seda a través da cordilleira de Tien Xán, a cidade foi fortificada en 1825 polo uzbeko khanato de Kokhand cunha fortaleza de barro. miniatura|dereita|300px|Paisaxe urbana de Bixkek.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficila de Bixkek
Categoría:Cidades de Kirguizistán Categoría:Subdivisións de Kirguizistán Categoría:Xeografía de Kirguizistán Categoría:Capitais de Asia