Volans ou Peixe voador, é unha constelación que só se pode ver, practicamente, dende lugares localizados no hemisferio sur terrestre (a excepción dalgúns lugares no hemisferio norte, próximos ó ecuador). Esta foi unha das creacións dos navegantes neerlandeses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597. Apareceu por primeira vez nos mapas estelares preparados polo astrónomo alemán Johann Bayer publicados na Uranometria de (1603).
Aspectos notables Volans é unha das poucas constelacións onde á súa estrela máis brillante non se lle asignou a primeira letra do abecedario grego. Nesta, a máis brillante é Beta (β) Volantis, con magnitude de 3,77. Alfa (α) Volantis é tan só a quinta en magnitude (4,00).
Mitoloxía Volans é unha constelación moderna, foi inserida a finais século XVI. Por tal motivo, non ten elementos mitolóxicos asociados a ela.
Estrelas notables Nome Mag. α(J2000.0) δ(J2000.0) Distancia anos luz Comentarios Gamma (γ) Volantis 3,78 07h 08m 44,9s −70° 29' 56" 142 estrela binaria; compoñentes γ² (mag. 3,78) e γ¹ (mag. 5,68) Volantis Zeta (ζ) Volantis 3,93 07h 41m 49,2s −72° 36' 22" 134 estrela binaria; compoñentes ζ Volantis A (mag. 3,93) e ζ Volantis B (10ma) Alfa (α) Volantis 4,00 09h 02m 26,8s −66° 23' 46" 124 Estrela con liñas metálicas (Am) Epsilon (ε) Volantis 4,35 08h 07m 55,8s −68° 37' 02" 642 estrela múltiple; compoñentes ε Volantis A (mag. 4,35), ε Volantis B (mag. 8,1) ε Vol A é, á súa vez, unha binaria espectroscópica Kappa Volantis 5,33 08h 19m 49,0s −71° 30' 54" 393 sistema triplo: k¹ Volantis (mag. 5,33), κ² Volantis (mag. 5,63), κ Volantis C (mag. 8,5) HD 76700 8,13 8h 53m 55,52s -66° 48' 3,57" 195 ten un planeta (un xigante gasoso ¹/5 a masa de Xúpiter); descuberto no 2002 Mag. = Magnitude aparente | α = ascensión recta | δ = declinaciónFonte: The Bright Star Catalogue, 5ta ed. revisada., Catálogo de Hiparco, ESA SP-1200
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas http://www.astro.wisc.edu/~dolan/constellations/constellations/Volans.html https://web.archive.org/web/20070926235517/http://www.maa.mhn.de/Maps/Stars_en/Fig/volans.html Starry Night Photography : Volans Constellation Star Tales – Volans
Categoría:Constelación de Volans