San Mamede do Couto é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 75 habitantes (41 homes e 34 mulleres), 1 menos ca no ano anterior.
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2
Patrimonio A igrexa parroquial de San Mamede do Couto é de orixe románica, da que só conserva a porta principal, con arco de medio punto. Construída en cachotaría de lousa, ten cuberta a dúas augas. Na entrada principal atópase o cabido que da acceso á igrexa. No interior conserva un retablo barroco con columnas salomónicas e unha imaxe de San Mamede.
Lugares e parroquias Lugares de San Mamede do Couto
Parroquias de Samos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Samos
Categoría:Parroquias de Samos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía