O termo xacobeo pode referirse a:

o relacionado co Apóstolo Santiago e as peregrinacións do Camiño de Santiago; O Ano Santo Xacobeo, celebración relixiosa católica que ten lugar en períodos variábeis de anos; O Ano Xacobeo, conxunto de celebracións civís, organizadas pola Xunta de Galicia a través dunha sociedade de xestión, coincidindo cos anos santos; A Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, empresa pública que se encarga da xestión do Ano Xacobeo; O Xacobeo Galicia, antigo equipo ciclista galego.