Manuel Lombao Lombao, nado en Lugo en 1943, é un xornalista galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias da Información e en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a traballar en 1966 como colaborador en programas musicais de Radio Lugo-Cadena SER (1966-67). Posteriormente foi xefe de programas en Radio Popular de Lugo-Cadena COPE (1967-71) e de Cope en Madrid de 1971 a 1975. Incorporouse a Radio Nacional de España en 1976. Logo de pasar por varios programas, en 1982 noméano director de especiais informativos da cadea. Un ano despois, a comezo de 1983, é nomeado director de RNE en Galicia. En 1985 salta a Televisión Española, onde comeza como redactor cultural nos telexornais e onde en 1986 o nomean director do centro territorial de TVE en Galicia. Trasládase de novo a Madrid, onde é subdirector de Informe semanal, e dende 1988 ata 1996 dirixiu o programa de información parlamentaria da cadea.
En 2004 pasou a ser director dos centros territoriais da cadea, e en representación de TVE, en membro da Asociación Europea de Televisións Rexionais. En agosto de 2008 foi nomeado director do centro de Brasilia do Instituto Cervantes. Ten numerosas publicacións sobre comunicación, música ou política.
Premios Premio Ondas de radio 1974 Premio Micrófono de Oro 1993 Premio Paraugas de Ouro da televisión búlgara, en 2003. Premio Magnolia no Festival de Televisión de Xangai polo seu documental La última carta. Cruz ao mérito militar, con distintivo branco. Premio Os Bos e Xenerosos da AELG no 2015.
Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid